Imdecum
Procesando...
Imdecum
Fútbol gaélico, cos burelaos Alberto Méndez e Martín Fernández
Fútbol gaélico, cos burelaos Alberto Méndez e Martín Fernández
Data: 2015-05-22   Lugar: Burela
Os burelaos Alberto Méndez e Martín Fernández protagonizaron o segundo relatorio das IV Xornadas do Deporte Academia Imdecum o xoves pasado no IES Monte Castelo como subcampións do mundo de fútbol gaélico coa Selección Galega, título acadado hai un par de meses World Games Abu Dhabi 2015 despois de caer na final contra Arxentina.
ESTITXU ESTREMO: "Toda persoa que entre na auga debe coñecer o tipo de corrente desa praia”
ESTITXU ESTREMO: "Toda persoa que entre na auga debe coñecer o tipo de corrente desa praia”
Data: 2015-05-18   Hora: 10.00   Lugar: Burela
A vasca Estitxu Estremo, campioa de Europa Surf 1997-1999 e Longboard 2010, inaugurou esta mañá as IV Xornadas do Deporte Academia Imdecum que acollerá o IES Monte Castelo ata comezos de xuño. “Toda persoa que entre na auga debe coñecer o tipo de corrente desa praia” advertiu a surfista entre os consellos para iniciarse neste deporte ao numeroso público asistente ao primeiro relatorio do ciclo organizado pola Fundación Imdecum, coa colaboración da Área de Deportes da Deputación de Lugo.
Surf, fútbol gaélico, fútbol e rally nas Xornadas do Deporte 2015
Surf, fútbol gaélico, fútbol e rally nas Xornadas do Deporte 2015
Data: 2015-05-15   Lugar: Burela
A cuarta edición do ciclo formativo arrincará o luns 18 de maio, no IES Monte Castelo, ata o 4 de xuño
Fútbol Sala na Rúa coa Academia Imdecum na Copa de España Feminina Burela 2014
Fútbol Sala na Rúa coa Academia Imdecum na Copa de España Feminina Burela 2014
Data: 2014-06-07
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, España - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal