Imdecum
Procesando...
Imdecum
Ribadeo, sede do Campus de Ximnasia Rítmica de Porta Norte
Data: 2015-08-06
Dende o luns, o pavillón municipal de Ribadeo acolle o Campus de Ximnasia Rítmica da escola mariñá Porta Norte, iniciativa na que un ano máis volve colaborar a Fundación Imdecum.
Ribadeo, sede do Campus de Ximnasia Rítmica de Porta Norte

Unha vintena de rapazas gozan esta semana dun amplo programa de actividades con ximnasia rítmica, ballet, baile moderno, danza española, ximnasia estética e expresión corporal, pero tamén con tempo para perfeccionar outras habilidades como maquillaxe, elaboración de indumentaria para bailes, manualidades, excursións...

As ximnastas porán o broche á aprendizaxe de cinco intensos e divertidos días o sábado no pavillón ribadense, cun festival de exhibición previsto para as 12.00 horas.
Deputación de Lugo-DeportesImdecum
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, Espaņa - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal