Imdecum
Procesando...
Imdecum
Clausura do Campus de Ximnasia Rítmica Porta Norte-Imdecum 2015
Data: 2015-08-08   Hora: 12:00   Lugar: Ribadeo
As 22 rapazas que participaron no Campus de Ximnasia Rítmica Porta Norte-Imdecum a semana pasada en Ribadeo despediron o clínic o sábado cunha gala de exhibición no pavillón municipal.
Clausura do Campus de Ximnasia Rítmica Porta Norte-Imdecum 2015
Tras dar unha excelente mostra do aprendido durante os cinco días do campus, as ximnastas recibiron candansúa medalla e diploma acreditativo de mans de representantes do Concello de Ribadeo e da coordinadora da cita, Nelly Bouso, nun acto no que a Fundación Imdecum estivo representada por Juanma Marrube.

Actividades con ximnasia rítmica, ballet, baile moderno, danza española, ximnasia estética e expresión corporal, pero tamén obradoiros de maquillaxe, elaboración de indumentaria para bailes, manualidades, excursións... completaron o programa do clínic de ximnasia rítmica, toda unha referencia na axenda deportiva da Mariña, que despois organizarse varias edicións en Burela trasladou a súa sede a Ribadeo en 2015.
Deputación de Lugo-DeportesImdecum
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, Espaņa - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal