Imdecum
Procesando...
Imdecum
Dende Madrid, Santiago e Asturias para imbuírse da maxia do Camiño
Data: 2015-11-12   Lugar: Mondoñedo
Familias procedentes de Madrid, Asturias e Santiago descubrirán Camiño Norte. Feitizo da Natureza no seu percorrido da ruta xacobea pola Mariña ao longo de toda a fin de semana. Co apoio da Mancomunidade da Mariña Lucense e a colaboración da Asociación de Amigos do Camiño Norte, a Fundación Imdecum inaugurará mañá a xuntanza coa recepción dos participantes no Centro de Interpretación e Información do Camiño Norte en Mondoñedo.
O acto inaugural, previsto para as 19.30 horas, contará coa presenza do presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, e do seu homólogo en Imdecum, Marcelino Luna, así como do alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, e as alcadesas de Mondoñedo, Elena Candia, Trabada, Mayra García, e Lourenzá, Rocío López, entre outros; tamén participarán na cita a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, representando o Xacobeo, María Regla Rico, membro da Comisión Xacobea do Principado de Asturias e presidenta da Asociación de Amigos do Camiño Norte de Valdés-Luarca, e o o presidente do cabildo de Mondoñedo, Pedro Díaz.

Antes de calzar as botas de montaña para comezar co camiño a primeira hora do sábado, a catedral de Mondoñedo será o primeiro destino para os peregrinos, mañá pola tarde, tras a apertura oficial da irmandade en familia. Os protagonistas percorrerán as etapas de Ribadeo-Lourenzá e Lourenzá-Abadín coa Fundación Imdecum, xunto á variante marítima facendo parada obrigada na praia das Catedrais e na basílica de San Martiño de Mondoñedo, ademais da ruta que une Abres con Lourenzá a través de Trabada.
ImdecumMancomunidade da Mariña Lucense
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, Espańa - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal