Imdecum
Procesando...
Imdecum
A burelá Yaiza Rivas, gañadora do Imaxiña 2017
Data: 2018-04-19   Lugar: Burela
A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña deu a coñecer esta tarde os nomes das gañadoras na sede da entidade en Burela, da man do seu presidente, Marcelino Luna Almarza, xunto ao fotógrafo lugués José María Álvez, como membro do xurado. Unha imaxe boscosa cun cogomelo como protagonista, de Yaiza Rivas, do IES Perdouro, foi a gañadora.
A burelá Yaiza Rivas, gañadora do Imaxiña 2017
A edición de 2017, que tamén contou co artista burelao Héctor Manasé como encargado da decisión final, recoñeceu como finalista a proposta da alumna do IES Alfoz-O Valadouro Nerea Yáñez, de 3º da ESO, co mar e as rochas como eixe central. O terceiro posto foi parar ás Tetas da Vinculeira, de Burela, outro dos traballos presentados por Yaiza, que está cursando 4ª da ESO.

Ademais de agradecer a colaboración dos artistas mariñáns encargados de dirimir sobre Imaxiña 2017, así como a axuda da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Marcelino Luna tivo unha mención especial para todos os mozos/as que participaron no concurso, cunha grande acollida, como vén sendo xa toda unha tradición, entre o estudantado do IES Perdouro e Alfoz-O Valadouro: “Para nós é unha enorme satisfacción que tras sete edicións, esta inciativa siga tendo unha gran resposta, sobre todo no Perdouro e no Valadouro; por iso, en recoñecemento desta traxectoria conxunta, a Fundación impartirá en ambos os centros obradoiros formativos de fotografía e vídeo o vindeiro curso”, pechaba así o acto o presidente de Imdecum.

Deputación de Lugo-CulturaImdecum
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, España - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal