Imdecum
Procesando...
Imdecum
O Imaxiña 2018, o máis inclusivo
Data: 2018-12-03
A Fundación Imdecum abriu hoxe, por oitava edición consecutiva, o prazo do concurso do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña, destinado o estudantado de Secundaria da bisbarra. Como novidade, este ano a cita estreará unha nova vertente, a máis inclusiva, coa incorporación de obradoiros e concurso dirixidos aos usuarios da Fundación Eu Son de Burela, entidade que presta servizos a persoas adultas con discapacidade intelectual da comarca da Mariña.
O Imaxiña 2018, o máis inclusivo
A fotógrafa Sabela Blanco compartirá cos usuarios de Eu Son a súa perspectiva da instantánea nun taller que impartirá mañá. Nos centros de ensino secundario, o IES Alfoz-O Valadouro será o destinatario dun obradoiro de vídeo, a cargo do realizador audiovisual Xaime Miranda, a mediados de decembro.

No tradicional concurso, ata o 30 de decembro o alumnado mariñán poderá presentar as súas visións da Mariña nas categorías de fotografía e vídeo. A edición de 2018 da cita estará aberta para os centros que xa participaron en anos anteriores: Monte Castelo e Perdouro (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove), Alfoz-O Valadouro e Foz.

Coa chegada de 2019, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores de cada vertente e sección, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.

A iniciativa conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Premio 2017, no IES Perdouro

Unha imaxe boscosa cun cogomelo como protagonista, de Yaiza Rivas, do IES Perdouro, foi a gañadora de 2017, nunha edición que contou coa colaboración do fotógrafo lugués José María Álvez e do artista burelao Héctor Manasé.


Deputación de Lugo-CulturaImdecum
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, Espaņa - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal