Imdecum
Procesando...
Imdecum
Rodando... no Imaxiña 2018
Data: 2018-12-21
O Festival da Mariña Imaxiña 2018 levou esta semana o realizador audiovisual Xaime Miranda ao IE Alfoz-O Valadouro para compartir co alumnado de 4º ESO a súa experiencia cun obradoiro de vídeo.
Rodando... no Imaxiña 2018
O estudantado coñeceu máis de preto o proceso de creación dunha curta, seguindo os pasos de presentación da personaxe, aparición do conflito, acción ante o conflito e resolución. A partir de títulos como ‘Hipo’, ‘Invisible’ e ‘Cambio de Notas’ desenvolveron a historia e gravaron as imaxes, para a posterior edición e montaxe.

O obradoiro de Xaime Miranda é o segundo desta oitava edición do Festival Audiovisual da Mariña, que conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo. A comezos de mes a fotógrafa Sabela Blanco impartiu outro de fotografía destinado aos usuarios da Fundación Eu Son de Burela.


Concurso ata o día 30


No tradicional concurso, ata o 30 de decembro o alumnado mariñán de Secundaria poderá presentar as súas visións da Mariña nas categorías de fotografía e vídeo. A edición de 2018 da cita estará aberta para os centros que xa participaron en anos anteriores: Monte Castelo e Perdouro (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove), Alfoz-O Valadouro e Foz.

Coa chegada de 2019, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores de cada vertente e sección, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.
Imdecum
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, España - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal