Imdecum
Procesando...
Imdecum
Imdecum e o Club Baloncesto Burela estreitan lazos
Data: 2019-02-04   Lugar: Burela
A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña e o Club Baloncesto Burela formalizaron un convenio de colaboración a través dos presidentes de ambas as entidades. Marcelino Luna e Rogelio Cayón reuníronse para marcar a liña de actuación conxunta no seu programa de actividades cimentada na promoción da práctica deportiva en idades temperás e en igualdade.
Imdecum e o Club Baloncesto Burela estreitan lazos
“O CB Burela é un exemplo de igualdade. Cunha traxectoria de 25 anos, máis de 120 nenos/as compoñen a estrutura do CB Baloncesto na actualidade e deles case o 50% son nenas” explicaba o presidente de Imdecum, aplaudindo o acordo, vixente para a presente tempada.

Dende o club burelao, Rogelio Cayón destacou o aval que supón contar co apoio da infraestrutura e loxística, recursos materiais e humanos, da Fundación Imdecum para a organización de actividades e eventos deportivos: “Para o noso club é unha garantía de éxito poder gozar da axuda de Imdecum, coa súa experiencia na organización e promoción de eventos de deportes base, como o Memorial Heroes do Orzán de Fútbol Sala, coa participación de máis de 700 deportistas, todos os veráns na Mariña”.
Imdecum
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, España - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal