Imdecum
Procesando...
Imdecum
Mar e Montaña triunfan no Imaxiña 2018
Data: 2019-04-22   Lugar: Burela
Os premios da oitava edición do Festival da Mariña Imaxiña 2018, coa axuda da Área de Cultura da Deputación de Lugo, repartíronse entre fermosísimas imaxes de mar e montaña. Anny Larissa da Silva, de 4º ESO do IES Perdouro, triunfou na vertente de alumnado de secundaria cunha fotografía da Pena Abaladoira, e César Piñeiroa e David Bouza, dende a Fundación Eu Son, impuxéronse con apostas centradas no mar.
Mar e Montaña triunfan no Imaxiña 2018
Así o deron a coñecer esta tarde, o presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna Almarza, e o xurado, composto polos artistas mariñáns Sabela Blanco e Xaime Miranda. Na decisión final, tamén foi recoñecida a foto de Luis Pernas, do IES Perdouro, que tamén escolleu unha panorámica de montaña de Alfoz, e o vídeo de Nerea Yáñez e Adâh Guisasola, do IES Alfoz-O Valadouro, cun repaso pola beleza paisaxística da Mariña, con encantadoras imaxes nocturnas, combinando costa e interior.

Marcelino Luna agradeceu unha vez más a gran resposta da iniciativa “especialmente dos IES Perdouro de Burela, Alfoz-Valadouro e María Sarmiento de Viveiro, ademais da gran estrea e implicación dos usuarios da Fundación Eu Son, que esta tarde nos ceden a súa sede para acoller o acto”, animando á participación xa para 2019.


Obradoiros de Fotografía e Vídeo


Nesta ocasión, os usarios/as da Fundación Eu Son profundaron no mundo da fotografía coa mariñá Sabela Blanco. O obradoiro de vídeo, impartido polo realizador audiovisual Xaime Miranda, estivo destinado ao alumnado de 4º ESO do IES Alfoz-O Valadouro. O tradicional concurso estivo, unha vez máis, aberto ao alumnado dos centros que xa participaron en anos anteriores: Monte Castelo e Perdouro (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove), Alfoz-O Valadouro e Foz.


O Perdouro, gañador de 2017


Unha imaxe boscosa cun cogomelo como protagonista, de Yaiza Rivas, do IES Perdouro, foi a gañadora da última edición, que contou co fotógrafo lugués José María Álvez e co artista burelao Héctor Manasé como xurado.
Deputación de Lugo-CulturaImdecum
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, España - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal