Imdecum
Procesando...
Imdecum
Volve rodar o balón coas Seleccións da Mariña e Imdecum
Data: 2019-11-27   Lugar: Baamonde
Volve rodar o balón coas Seleccións da Mariña e Imdecum
A Fundación Imdecum volve poñerse á fronte das Seleccións de Fútbol Sala Base da Mariña coa coordinación dos combinados comarcais nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil 2019-20. Esta semana os tres equipos xa teñen test sobre as pistas.


O primeiro en estrearse foi Alevín, con compromisos onte en Baamonde, con vitoria 1-7 sobre A Terra Chá e empate 3-3 contra Lugo. Mañá será a quenda para as outras dúas escuadras, en Mondoñedo e Guitiriz.


XOVES 28 DE NOVEMBRO. Categoría BENXAMÍN. Pavillón Viñas da Veiga de Mondoñedo.
• Partido 1: 17:45 horas. A Mariña – CentroSur
• Partido 2: 18:40 horas. A Terra Chá – Perdedor partido 1
• Partido 3: 19:35 horas. A Terra Chá – Gañador partido 1

XOVES 28 DE NOVEMBRO. Categoría INFANTIL. Pavillón de Guitiriz.
• Partido 1: 17:45 horas. A Terra Chá – CentroSur
• Partido 2: 18:40 horas. A Mariña – Perdedor partido 1
• Partido 3: 19:35 horas. A Mariña – Gañador partido 1
Imdecum
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, Espaρa - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal