Imdecum
Procesando...
Imdecum
Lúa apocalíptica, gañadora do Festival Audiovisual Imaxiña
Data: 2021-06-23   Lugar: Burela
O galardón da décima edición do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña foi parar a unha ‘Lúa apocalíptica’ de Carolina Cordido, alumna de Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo de Burela. O presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, fixo entrega do premio xunto á profesora de Deseño do centro, María Martín.
Lúa apocalíptica, gañadora do Festival Audiovisual Imaxiña
O xurado composto polas fotógrafas Andrea Rodríguez e Fátima Ríos, ademais do artista mariñan Davixino, tamén destacaron a fotogradía da alumna gañadora co título de ‘Amencer dende a escola Vista Alegre’, así como as instantáneas dos estudantes do IES Alfoz-O Valadouro Diego López (3º ESO), Óscar Pérez (4º ESO), Isabel Leal (3º ESO) e Candela Riveira (1º ESO).

Obradoiro, Axuda ao Enfermo Mental

Por décimo ano consecutivo a Fundación Imdecum abriu o concurso de fotografía e vídeo ao estudantado de secundaria da comarca da Mariña. No presente curso, o obradoiro estivo destinado, nunha vertente máis inclusiva, aos usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña
ImdecumIES Monte CasteloDeputación de Lugo. Turimso
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, España - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal