As guerreiras proclámanse outra vez campioas da Copa da Raíña. Despois de un torneo disputado en todos os seus partidos, as xogadoras do Pescados Rubén Burela consiguen revalidar o seu título con moito esforzo.
Parece que non chega o momento no que este grupo ceda nalgunha ocasión, porque cada partido saen a competilo e coa mentalidade de gañalo ata o final.
Temos na Mariña o mellor equipo do mundo de fútbol sala, gañador de todos os títulos que se lle puxeron por diante. Esta entidade merece que a sigamos apoiando por tantas alegrías e beneficios que lle brindan á nosa poboación.
Agora soamente toca felicitar 👏 ás rapazas pola súa increíble conquista, e que sigan dándonos tantos bos momentos e poña en boca da xente a nosa Comarca.