Imdecum
Procesando...
Imdecum
Fundación Imdecum ultimando os derradeiros detalles do Memorial Héroes do Orzán de 2022
Data: 2022-05-31
Fundación Imdecum ultimando os derradeiros detalles do Memorial Héroes do Orzán de 2022
Volve o Torneo de Fútbol Sala Base HEROES DO ORZÁN, en memoria dos tres policías que perderon a vida ao intentar rescatar a un mozo eslovaco na praia coruñesa do Orzán en 2012. Esta nova edición terá lugar os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño de 2022.

Despois de estes dous anos dende a edición anterior , sen ter lugar por motivo de pandemia, estamos en organización dun evento clave na nosa comarca que reúne a tantos clubes e institucións. Desde a Fundación, estamos esperando que chegue o día da celebración do torneo, unha actividade que xa é unha costume interiorizada na nosa rexión. Desde logo, volver a retomar esta tradición neste ano, vai provocar o dobre de emoción como consecuencia da inactividade.

O torneo desenvolverase nos 6 pavillóns dos Concellos de Burela,Foz, Xove, Cervo e Viveiro. Contará con presencia de equipos de fora de Galicia como da nosa Comunidade Autónoma, reunindo a clubes ilustres e dos máis competitivos a nivel nacional. Neste torneo comprendese a totalidade da base , é dicir, dende biberón a xuvenil, incluíndo categoría Cadete Feminina, reunindo un gran número de participantes de alto nivel.

Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, Espaņa - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal