Imdecum
Procesando...
Imdecum
O IES Perdouro, triunfador por partida dobre no Imaxiña 2015
O IES Perdouro, triunfador por partida dobre no Imaxiña 2015
Data: 2016-04-28   Hora: 17:30   Lugar: Burela
O IES Perdouro adxudicouse por partida dobre o recoñecemento do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015. A Fundación Imdecum deu a coñecer esta tarde os nomes dos gañadores no centro de ensino burelao, nun acto que contou coa presenza do padriño da edición, o artista Davixiño, e o realizador audiovisual Manuel Gil, xunto ao presidente da fundación, Marcelino Luna, e a vicedirectora do instituto anfitrión, Karina Parga, así como doutros artistas colaboradores na historia do festival.
O teu voto tamén decide no Imaxiña 2015
Data: 2016-03-04   Lugar: A Mariña
Xa queda menos para coñecer a identidade das propostas gañadoras do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015. Antes de saber a decisión do xurado, coa presenza do padriño desta edición, o artista burelao Davixiño, ademais do realizador audiovisual Manuel Gil, o voto do público en Facebook tamén resolverá outro dos premiados.
A arte de Sargadelos no Imaxiña 2015
A arte de Sargadelos no Imaxiña 2015
Data: 2015-12-16   Lugar: Burela
O artista burelao Davixiño visitou a comezos da semana o IES Perdouro de Burela dentro dos obradoiros do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015 para achegarlle ao alumnado a arte de Sargadelos e a súa experiencia laboral nunha das empresas de cerámica galega de máis proxección e renome internacional. Na cita artística tamén participaron o realizador audiovisual focego Manuel Gil e o presidente da Fundación Imdecum –organizadora da iniciativa-, Marcelino Luna.
O Imaxiña 2015 recalará no Perdouro en decembro
O Imaxiña 2015 recalará no Perdouro en decembro
Data: 2015-11-25   Lugar: A Mariña
O Imaxiña 2015 traslada a inspiración artística da xuventude mariñá de Foz a Burela; o Festival Audiovisual da Mariña, que organiza a Fundación Imdecum dende hai un quinquenio, coarase nas aulas do IES Perdouro nos próximos días co artista burelao Davixino como padriño do certame e coa colaboración do realizador audiovisual focego Manuel Gil.
Imaxiña 2015 abre os obradoiros no IES de Foz
Imaxiña 2015 abre os obradoiros no IES de Foz
Data: 2015-11-20   Hora: 10.40   Lugar: Foz
O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015 abriu esta mañá os obradoiros de fotografía e vídeo no IES de Foz, na quinta edición da cita destinada aos centros de ensino secundario da bisbarra. O presidente da entidade, Marcelino Luna Almarza, reuniuse o director do instituto, Nicolás Asensio, e presentou a iniciativa ao alumnado de cuarto da ESO, acompañado polo realizador audiovisual focego Manuel Gil.
Foz e Burela, destinos do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015
Foz e Burela, destinos do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015
Data: 2015-11-17
O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015, baixo a organización de Imdecum, volverá aos centros de ensino secundario da Mariña combinando obradoiros de fotografía e vídeo cun atractivo concurso final. Co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o festival Imaxiña inclué en 2015 a participación dos IES de Foz e Perdouro de Burela, para que o seu estudantado se achegue ao mundo da imaxe.
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, España - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal