Camiño Norte. Feitizo da Natureza, a película
Quedades tod@s convidad@s á estrea audiovisual de Camiño Norte. Feitizo da Natureza. A través deste traballo, a Fundación Imdecum difundirá o proxecto de turismo en familia no que profundou o outono pasado, en colaboración coa Mancomunidade da Mariña Lucense, coa participación na ruta xacobea de catro familias procedentes de Madrid, Asturias e Santiago de Compostela.