Imdecum
Procesando...
Imdecum
Tres alumnas do IES Alfoz-O Valadouro triunfan no Imaxiña 2021
Data: 2022-02-28   Lugar: A Mariña
Tres alumnas do IES Alfoz-O Valadouro triunfan no Imaxiña 2021O IES Alfoz-O Valadouro alzouse como o gran triunfador do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2021 coas propostas fotográficas de tres alumnas. Na undécima edición do concurso que organiza a Fundación Imdecum, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, a gañadora foi Tania Verdes, de 3º da ESO; resultaron destacadas ademais as imaxes presentadas por Carla Fernández, tamén de 3º, e Celia Fernández, de 1º.

A fotografía gañadora, de Tania Verdes, está protagonizada polo salto dunha figura humana cun horizonte de nubes e o solpor ao fondo. A maxia e o xogo de cores do luscofusco tamén emerxe na instantánea finalista de Carla Fernández. Celia Fernández obtivo o recoñecemento como finalista nesta edición por unha imaxe da Finca Galea.

Tras o obradoiro impartido polas fotógrafas Andrea Rodríguez e Fátima Ríos na Asociación Saúde Mental da Mariña na primavera pasada, o Festival Audiovisual da Mariña despediu 2021 coa visita dun colaborador asiduo de Imdecum ao alumnado do IES Monte Castelo de Burela, o artista multidisplinario viveirense David Catá, que encabezou o xurado desta última edición xunto ao presidente de Imdecum, Marcelino Luna.

O Imaxiña continuará percorrido en 2022 este venres facendo parada no IES Alfoz-O Valadouro.

Lúa apocalíptica, en 2020

En 2020, o premio recaeu no IES Monte Castelo, con ‘Lúa apocalíptica’ de Carolina Cordido, alumna de Bacharelato de Artes.

ImdecumCultura. Deputación de Lugo
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, España - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal