Imdecum
Procesando...
Imdecum
Héctor Manasé: "Se me deran a escoller entre foto de prensa e tatuaxe, creo que volvería á primeira"
Héctor Manasé: "Se me deran a escoller entre foto de prensa e tatuaxe, creo que volvería á primeira"
Data: 2023-12-28   Lugar: Burela
Base Festival Audiovisual Imaxiña 2021
Data: 2021-11-22   Lugar: A Mariña
Bases Festival Audiovisual Imaxiña 2019
Bases Festival Audiovisual Imaxiña 2019
Data: 2019-12-12   Lugar: A Mariña
Bases Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2018
Bases Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2018
Data: 2018-12-03   Lugar: A Mariña
O Imaxiña 2018, o máis inclusivo
O Imaxiña 2018, o máis inclusivo
Data: 2018-12-03
A Fundación Imdecum abriu hoxe, por oitava edición consecutiva, o prazo do concurso do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña, destinado o estudantado de Secundaria da bisbarra. Como novidade, este ano a cita estreará unha nova vertente, a máis inclusiva, coa incorporación de obradoiros e concurso dirixidos aos usuarios da Fundación Eu Son de Burela, entidade que presta servizos a persoas adultas con discapacidade intelectual da comarca da Mariña.
O Imaxiña 2016 marcha para o IES Alfoz-O Valadouro
O Imaxiña 2016 marcha para o IES Alfoz-O Valadouro
Data: 2017-03-15   Lugar: Burela
O galardón do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016 xa ten destino, o IES Alfoz-O Valadouro. A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña deu a coñecer onte pola tarde os nomes dos gañadores na sede da entidade en Burela, da man do seu presidente, Marcelino Luna Almarza.
O Imaxiña 2016, a exame por David Catá e Héctor Manasé
O Imaxiña 2016, a exame por David Catá e Héctor Manasé
Data: 2017-02-15   Lugar: A Mariña
O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016 está a punto de coñecer a identidade do seu gañador. Como xuíces da beleza e singularidade das propostas da Mariña volven o artista multidisciplinario viveirense David Catá e o fotógrafo burelao Héctor Manasé, xunto ao presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna; o tribunal reunirase esta semana para decidir a fotografía e/ou vídeo máis destacados do certame.
O concurso Imaxiña 2016, aberto ata o 30 de decembro
O concurso Imaxiña 2016, aberto ata o 30 de decembro
Data: 2016-12-19   Lugar: A Mariña
O IES Perdouro, triunfador por partida dobre no Imaxiña 2015
O IES Perdouro, triunfador por partida dobre no Imaxiña 2015
Data: 2016-04-28   Hora: 17:30   Lugar: Burela
O IES Perdouro adxudicouse por partida dobre o recoñecemento do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015. A Fundación Imdecum deu a coñecer esta tarde os nomes dos gañadores no centro de ensino burelao, nun acto que contou coa presenza do padriño da edición, o artista Davixiño, e o realizador audiovisual Manuel Gil, xunto ao presidente da fundación, Marcelino Luna, e a vicedirectora do instituto anfitrión, Karina Parga, así como doutros artistas colaboradores na historia do festival.
O teu voto tamén decide no Imaxiña 2015
Data: 2016-03-04   Lugar: A Mariña
Xa queda menos para coñecer a identidade das propostas gañadoras do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015. Antes de saber a decisión do xurado, coa presenza do padriño desta edición, o artista burelao Davixiño, ademais do realizador audiovisual Manuel Gil, o voto do público en Facebook tamén resolverá outro dos premiados.
A arte de Sargadelos no Imaxiña 2015
A arte de Sargadelos no Imaxiña 2015
Data: 2015-12-16   Lugar: Burela
O artista burelao Davixiño visitou a comezos da semana o IES Perdouro de Burela dentro dos obradoiros do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015 para achegarlle ao alumnado a arte de Sargadelos e a súa experiencia laboral nunha das empresas de cerámica galega de máis proxección e renome internacional. Na cita artística tamén participaron o realizador audiovisual focego Manuel Gil e o presidente da Fundación Imdecum –organizadora da iniciativa-, Marcelino Luna.
O Imaxiña 2015 recalará no Perdouro en decembro
O Imaxiña 2015 recalará no Perdouro en decembro
Data: 2015-11-25   Lugar: A Mariña
O Imaxiña 2015 traslada a inspiración artística da xuventude mariñá de Foz a Burela; o Festival Audiovisual da Mariña, que organiza a Fundación Imdecum dende hai un quinquenio, coarase nas aulas do IES Perdouro nos próximos días co artista burelao Davixino como padriño do certame e coa colaboración do realizador audiovisual focego Manuel Gil.
Imaxiña 2015 abre os obradoiros no IES de Foz
Imaxiña 2015 abre os obradoiros no IES de Foz
Data: 2015-11-20   Hora: 10.40   Lugar: Foz
O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015 abriu esta mañá os obradoiros de fotografía e vídeo no IES de Foz, na quinta edición da cita destinada aos centros de ensino secundario da bisbarra. O presidente da entidade, Marcelino Luna Almarza, reuniuse o director do instituto, Nicolás Asensio, e presentou a iniciativa ao alumnado de cuarto da ESO, acompañado polo realizador audiovisual focego Manuel Gil.
Foz e Burela, destinos do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015
Foz e Burela, destinos do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015
Data: 2015-11-17
O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015, baixo a organización de Imdecum, volverá aos centros de ensino secundario da Mariña combinando obradoiros de fotografía e vídeo cun atractivo concurso final. Co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o festival Imaxiña inclué en 2015 a participación dos IES de Foz e Perdouro de Burela, para que o seu estudantado se achegue ao mundo da imaxe.
Entrega de premios do Imaxiña 2014 e inaguración de exposición
Entrega de premios do Imaxiña 2014 e inaguración de exposición
Data: 2015-04-16   Hora: 18:00   Lugar: Ferreira do Valadouro
A casa da cultura do Valadouro acollerá este xoves a entrega de premios e a estrea da mostra do Festival Audiovisual da Mariña da Fundación Imdecum, ás 18.00 horas
IES Alfoz-O Valadouro e Monte Castelo, destinos dos premios Imaxiña 2014
IES Alfoz-O Valadouro e Monte Castelo, destinos dos premios Imaxiña 2014
Data: 2015-04-16   Hora: 18:00   Lugar: Ferreira do Valadouro
Xoves 16 de abril. Os IES Alfoz-O Valadouro e Monte Castelo convertéronse nos grandes triunfadores do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2014. A Fundación Imdecum deu a coñecer esta tarde os nomes dos gañadoares na casa da cultura de Ferreira do Valadouro, nun acto que contou coa presenza da concelleira de Cultura, María José Fernández, e os fotógrafos mariñáns Héctor Manasé e María G. Mesa, ademais do presidente do entidade, Marcelino Luna, acompañado por Juanma Marrube, responsable da área de Deporte na fundación.
Bases do concurso Imaxiña 2014
Bases do concurso Imaxiña 2014
Data: 2014-12-09
O alumnado dos centros participantes poderá entregar as súas obras ata o martes 30 de decembro
O Imaxiña volve en 2014 coa fotografía de Héctor Manasé e Marián G. Mesa
O Imaxiña volve en 2014 coa fotografía de Héctor Manasé e Marián G. Mesa
Data: 2014-11-18   Lugar: A Mariña
A cuarta edición destinado á xuventude da comarca realizará os obradoiros no IES Alfoz-O Valadouro
Finalistas Imaxiña 2013
Data: 2014-05-08   Lugar: Burela
Imaxiña 2012
Imaxiña 2012
Data: 2013-05-16   Lugar: Burela
'A fiestra da Mariña', fotografía gañadora do Imaxiña 2012. Autora: Elvira López Rodríguez (IES Gamallo Fierros)
Apartado de Correos 81, 27880 Burela De Cabo, Galicia, España - 982 88 86 10 - contacto@imdecum.com - Aviso Legal