Patrocinio deportivo do Campus Burela F.S. 10,11,12 e 13 de Xullo
Data: 2014-07-10 Lugar: Burela
A oitava edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela Pescados Rubén foi presentada hoxe, venres 13, no Salón de plenos do Concello de Burela. Na posta en escena do evento estiveron presentes; o tenente alcalde do Concello de Burela, Manuel Fernández Valle; a concelleira de deportes do Concello de Burela, Beatriz López Piñeiro; o presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco Fanego; o director técnico do Campus, Christian Gómez Fustes; Antonio Couto Díez, en representación de Living Sport e Joma; Luís Antonio Guillén, concelleiro de deportes do concello de Cervo e Pablo Villapol, delegado do Xornal Oficial do Campus, A Mariña - El Progreso.