Dez clubs participarán na Liga Prebenxamín da Mariña dende esta fin de semana
Data: 2015-11-19 Lugar: A Mariña
A terceira edición da Liga Prebenxamín da Mariña de Fútbol Sala, organizada pola Fundación Imdecum, estrearase esta fin de semana, coa participación de 10 clubs da bisbarra. A competición, rexida pola Federación Galega de Fútbol Sala en Lugo, disporá de novo de dúas categorías, Prebenxamín 1 (nacidos/as en 2008) e Prebenxamín 2 (2009-10).