
Lourenzá e Foz, campións da IV Liga Prebenxamín da Mariña
Data: 2017-02-21 Lugar: A Mariña
A IV Liga Prebenxamín de Fútbol Sala da Mariña despediuse esta fin de semana co Maderas Barcia Lourenzá e AD Santiago de Foz como campións, despois dos últimos encontros aprazados. Os laurentinos alzáronse con título con 24 puntos en Prebenxamín 1 e os focegos fixeron o propio en Prebenxamín 2, con 16 puntos.