A Fundación IMDECUM (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña) naceu en 2010 grazas ao apoio das institucións públicas, de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo y da Xunta de Galicia, co obxectivo de impulsar, promover e coordinar a actividade deportiva, cultural, educativa e turística da Mariña; fomentar os valores de igualdade, tolerancia, solidariedade, cooperación e integración principalmente na infancia, xuventude, terceira idade, mulleres e daquelas persoas e colectivos con maior risco de exclusión; ademais de difundir, desenvolver e preservar o patrimonio histórico, cultural, natural e turístico da comarca.
IMDECUM, recoñecida como Fundación de Interese Galego pola Xunta de Galicia, pretende aglutinar ademais a empresa privada e conta coa representación no seu padroado de Pescados Rubén SL, Living Sport e Eje Atlántico. A iniciativa centra a actividade desde os seus comezos, en febreiro de 2010, na colaboración con empresas, entidades financeiras, Administracións Públicas, institucións, asociacións e organismos de toda índole para contribuír aos obxectivos de cada un deles.